Thursday 02 de May de 2024

Carral e AFACO organizan o curso Coidados compartidos, dirixido a coidadores de persoas con demencia


· O programa formativo desenvolverase entre os meses de abril e maio, ao longo de catro sesións. Carral,

O Concello organizará, xunto con AFACO, o curso Coidados compartidos. Esta acción formativa está integrada dentro do programa que o Concello mantén coa entidade e, con ela, búscase brindar formación aos coidadores e coidadoras de persoas con demencia neurodegenerativa. O programa desenvolverase entre o mes de abril e maio, ao longo de catro sesións. En abril, celebraranse o 17 e o 24, mentres que en maio terán lugar os días 8 e 15. En todo caso, as clases levarán a cabo de 18.00 a 20.00 horas no edificio social Toñito Espiñeira. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no teléfono 981 61 35 20 ou no correo serviciossociales@carral.es.